Para chegar á orixe Do oficio de «pulpeiras» e «pulpeiros», claramente desde un punto de vista socio-gastronómico, cómpre remontarse á vida relixiosa do século XII no municipio de Cea en Ourense, onde se sitúa o chamado «Escorial Galego», un mosteiro cisterciense desde o 1140, anteriormente fundado por monxes beneditinos en 1137,  chamado Santa María de Oseira.

Grazas á rigorosa documentación dos propios fundadores desta orde, temos constancia de todo o acontecido naqueles tempos, tempos nos que o poder de relixiosos e nobres decidían o destino do resto, a iso podemos sumar a versión oral popular sobre a orixe e arraigamento dunha cultura arredor do Pulpo.

Aquí xorde o nome dun home, Diego Arias, figura relevante na historia da exaltación do pulpo. Este nobre valente capitán e servidor da reina Dona Urraca, recibe da coroa, polos seus leais servizos, o Coto de Marín, alí retirado paso a maior parte da súa vida, ata que apesarado pola morte da súa esposa, busca sostemento e libremente se ordena monxe neste mosteiro cara ao 1150, renunciando a todos os seus bens como a orde do Císter,  pasando a ser da abadía de Oseira, con todo o que iso implica. Pouco despois o cabaleiro arrepentido entra nun longo litixio para recuperar os seus bens, sen éxito, sendo confirmado polo mesmo rei Alfonso VII, que certifica a pertenza da parroquia costeira a Oseira.

Así as monxes cistercienses recibían dos parceiros dos pobos costeiros os pagamentos polo usufruto das numerosas propiedades pertencentes ao mosteiro (casas, cortiñas, viñas, ….) non só en diñeiro (reais, marabedís, ducados), senón tamén en especies (cereais, gando, viño ou pesca), entre os que se usaba o Pulpo. Sendo entón este cefalópodo pouco valorado gastronómicamente, as súas posibilidades de conservación en seco, semi-seco ou curado o facían unha parte importante para os pagamentos comerciais e diezmos á igrexa.

 

monasterio_oseira_pulpeiras_carballino

Outro factor importante a ter en conta, é o interese das monxes sobre a comarca costeira, para as épocas de Advento e Cuaresma, onde o abastecemento de peixe era necesario, ao non poder comer carne, por iso cara ó ano de 1583 (século XVI) para estas épocas eclesiásticas, establecéronse no porto de Marín prezos máis baixos para o consumo e venda de peixe fresco como congro e pescada,  entre os que se incluíu o pulpo.

Sendo grandes cantidades de Pulpo o tributo que recibían os monxes dos seus parceiros costeiros, comezaron a repartir o sobrante entre os seus feligreses carballiñeses, para consumo persoal e venda, nacendo así o «Pulpo á Feira», arraigada costume, creando un colectivo profesional dedicado á adquisición directa, transporte e venda preparada do Pulpo en festas e feiras,  chegando ata os nosos días o antigo oficio das «pulpeiras» e «pulpeiros».

Partindo dunha feira mensual, que ata entón se viña celebrando en Cea, para comerciar e recadar impostos, concesión outorgada ás monxes polo mesmo rei Sancho IV no ano 1286 (século XIII), os frades viron o beneficio de trasladala, cara ao terceiro terzo do século XVII, ás terras do Mosteiro, instalándose nas orixes do camiño real en Partovía contribuíndo á formación do actual Carballiño,  creando así un espazo feiral de importante comercio e onde se desenvolve o oficio de «pulpeiras» e «pulpeiros».

asociacion-pulpeiras-carballino (6)
PULPEIRAS DO CARBALLIÑO

NOVAS MáiS RECENTES

GALARDÓNS “A ARENTEIRA”

GALARDÓNS “A ARENTEIRA”

Dende a Asociación de Pulpeiros de O Carballiño queremos agradecer A xerencia do Aparthotel Arenteiro e a D. Xosé Luis…
Sesión Potiños

Sesión Potiños

Hoy os enseñamos un pequeño avance de lo que os mostraremos proximamente...